ARTISTAS

[volver]
Isabel Pintado (Madrid 1964)
[Ver obra]

Residente en Galicia dende o ano 1991, é licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, obtendo na especialidade de Gravado a máxima cualificación (Mención de Honor).

Foi profesora de Debuxo no INB Gregorio Marañón de Madrid, de Expresión Gráfica no Centro Español de Nuevas Profesiones da Coruña e de Talleres de Arte na Escola Ocupacional da Universidade da Coruña, entre outros ámbitos académicos.

Así mesmo, impartiu cursos de arte e talleres especializados na Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Escola Técnica Superior de Arquitectura da Courña, Museo de Arte Contemporáneo Unión-Fenosa  (MACUF) e Museo de Belas Artes da Coruña. 

Con máis de 30 exposiciones individuais realizadas, a súa obra foi adquirida pola Deputación da Coruña e no ano 2008 foi galardoada co Primeiro Premio no Certame de Pintura Arte Nova Galega, promovido pola Asociación de Artistas Plásticos Galegos.

No ano 2008 publica un libro ilustrado para nenos sobre un poema de Xosé María Álvarez Blázquez.

2009 Sala Xosé Rey Lago. Concllo de Cullereo. Culleredo. A Coruña
        Sala Aurelio Aguirre. Club do Mar de San Amaro. A Coruña

2007 Galería Maes. Madrid 
        Galería Borrón 4. Cambados . Pontevedra
        Espacio María Martínez. Santa Cruz. Oleiros. A Coruña

2006 Galería DUA2. Vigo
        Galería Arte-Imagen. A Coruña
        Galería Liceo. Guadalajara
        Casa de Galicia. Xunta de Galicia. Madrid

2003 Biblioteca Miguel González Garcés. Xacobeo 2004. Xunta de Galicia. A Coruña
        A mesma exposición tería lugar en Lugo e Ourense.

2002 Galería Borrón 4. Cambados. Pontevedra
        Sala de Arte da Diputación de Guadalajara.
        Universidade de A Coruña. "Gravadores do CIEC"

2001 Universidade de A Coruña. A Coruña e Ferrol
        Galería Arte-Imágen.Hotel Meliá María Pita. A Coruña

1999 Galería Alameda. Vigo
        Galería Borrón 4. Cambados. Pontevedra
        Club Financiero Atlántico. A Coruña 

1997 Sala del Hércules Coruñés.A Coruña
        Sala A Fábrica. Allariz. Orense
       Casa Charry. Oleiros . A Coruña

1996 Concello de Cambados. Pontevedra
        Edificio Arquivo de Betanzos. A Coruña

1995 Casa Charry. Oleiros. A Coruña
        Casa da Xuventude.  Curtis. A Coruña

1993 INEF de Galicia. Bastiagueiro. A Coruña
        Casa Charry. Oleiros A Coruña

1992 Sociedad Recreativa y Cultural. Sada. A Coruña
        Edificio Arquivo. Betanzos. A Coruña

1988 Sala Recovecos. Madrid

1987 Centro Cultural Antonio Machado. Madrid