ARTISTAS

[volver]
Isabel Pintado (Madrid 1964)
[Leer más]

Residente en Galicia dende o ano 1991, é licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, obtendo na especialidade de Gravado a máxima cualificación (Mención de Honor).

Foi profesora de Debuxo no INB Gregorio Marañón de Madrid, de Expresión Gráfica no Centro Español de Nuevas Profesiones da Coruña e de Talleres de Arte na Escola Ocupacional da Universidade da Coruña, entre outros ámbitos académicos.

Así mesmo, impartiu cursos de arte e talleres especializados na Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Escola Técnica Superior de Arquitectura da Courña, Museo de Arte Contemporáneo Unión-Fenosa  (MACUF) e Museo de Belas Artes da Coruña. 

Con máis de 30 exposiciones individuais realizadas, a súa obra foi adquirida pola Deputación da Coruña e no ano 2008 foi galardoada co Primeiro Premio no Certame de Pintura Arte Nova Galega, promovido pola Asociación de Artistas Plásticos Galegos.

No ano 2008 publica un libro ilustrado para nenos sobre un poema de Xosé María Álvarez Blázquez.

OBRA DE: Isabel Pintado (Madrid 1964)
-
+