EXPOSICIONES

Libros e Cidades

del 22/03/2017 hasta el 23/05/2017
Xurxo Alonso (Buenos Aires, Argentina) 1956
[Leer más]

Libros e Cidades

 

Skylines de cidades imaxinadas, rañaceos amoreados no horizonte nunha caótica orde de convivencias, de vidas e historias, de oportunidades e de exclusións, de aglomeracións e soidades, de ritmos frenéticos e de recunchos de paz. Estruturas que se elevan na vertical en busca do record,...sempre se pode chegar un pouco máis alto. Libros apilados e dispostos de forma fortuíta nun estante coa disposición vertical dunha gran urbe. Un azul, outro verde, outro gris, un alto, outro estreito, outro groso. Conteñen vidas de xentes, reais, de ficción, fantásticas; historias de persoas, de amores, de exclusións, de soidades, e tamén de esperanza. Libros cidade, cidades libro. !

O traballo que podemos ver nesta exposición é o froito dunha longa traxectoria chea de moreas de vivencias, de moitos cartóns e madeiras apañados, da necesidade de poñer orde, da falta de espazo, de moito que dicir e de como dicilo, de amoldarse aos cambios da vida e dos tempos e de como recompoñerse tras cada acometida; encerra, en definitiva, a aprendizaxe sen fin. Cos anos e coa sorte das vidas vividas, aprendemos a soltar lastre e descubrimos que con moi pouco! podese construír moito. !

Xurxo Alonso, adicado a isto tan fascinante e necesario para os humanos, que se chama arte, dende moi novo, debuxou, pintou, esculpíu marabillosos retablos e axedreces de cortiza, construiu barcos con madeiras botadas polas mareas, bolboretas de cores transparentes, escribiu libros, de poesía, de mundos imaxinarios, de historias únicamente vividas no seu Aldemunde. Sempre como un xogo, construíndo con materiais "pobres, pero moi dignos", aos que dá a oportunidade dunha nova vida, agradecidos ao corte, á pintura, as colas e aos vernices. Esta exposición nace, sen querer, como por inercia do propio devenir, dunha forma sinxela, e tan complexa á vez, da necesidade de ordenar o caos, ao igual que acontece nas grandes aglomeracións urbanas ou nos estantes de libros, amoreados sen orden aparente en busca dun sosego interior! 

Javier Blanco 

OBRAS: